Preguntar en clase? Dáme corte!
Na aula hai momentos para escoitar e atender pero tamén momentos para falar... E para preguntar! Aprovéitaos porque é bo para todos!
🙋♀️☝️🙋♂️
O profe acaba de explicar algo (un concepto, un exercicio, unha tarefa, un tema...) e ao rematar pregunta: Entendedes? Hai algunha dificultade? Repito algo?
Imaxina esta situación:
Que fas ti habitualmente?
- Entendín pero pregunto para ampliar ou reforzar
- Entendín pero non me fai falta preguntar
- Non entendín pero atrévome a preguntar
- Non entendín pero non me atrevo a preguntar
Moitos compañeiros non se atreven a preguntar aínda que non entenderan. A que cres que pode deberse? Por que actúan así? Indica dous posibles motivos:
Cal cres ti que é o motivo principal para non preguntar nesta clase?
- Timidez
- Medo a equivocarse
- O clima da aula
- Desinterese
- Non é importante
Claro... Toda a clase mirando para ti cando preguntas... Es o centro de atención... E que? Non pasa nada!! Hai que "despoxarse da chepa da pesada timidez"
Por timidez
É algo normal e comprensible pero... NON pasa nada! A ninguén lle pasou nada por equivocarse! Hai que perder ese medo!!
Por medo a equivocarse
Se participades máis activamente, preguntades as dúbidas, demostrades interese... ... as clases poden ir moito mellor ... os profes serán máis receptivos ... o clima de aula pode mellorar Probade!
O clima da aula
Como imos? Algunha dúbida?
Aburridos? Non vos interesa nada? É todo un rollo? Algo de proveito poderedes sacar, ou non?
Por desinterese
Prefires quedar coa dúbida? É mellor non saber de que se está a falar? E se logo cae no exame (100% probable)? Seguro que non é mellor preguntar?
Non é importante
Serve para diferenciar o que sabemos do que cremos saber Axuda a ser capaz de levantar a man e resolver dúbidas Axuda a expresarnos mellor Potencia o noso cerebro
Preguntar é interesante!!
Empeza con preguntas curtas Non hai pregunta mala Vai gañando seguridade Pide aclaracións Respecta as preguntas dos compañeiros
Anímate e pregunta!
Que che pareceu esta actividade?